Comentario a "Literatura Infantil" y otras lecturas

 

Literatura infantil

A obra de zambra é honesta. Ten un falar moi amable e é entretida. Debo recoñecer que a moda da autoficción non remata de convencerme. Pero obras como Léxico familiar, conseguen reconciliarme con ela. É por isto que collin a obra con certo interese, gústame a experimentación cos xéneros narrativos, e esta contiña unha certa promesa de diario ensayo poético epistolar.

A primeira parte é a que máis me gustou. Porén vexo nela un fenómeno interesante. Chamoume a atención ó uso da voz narrativa. Nas primeiras páxinas atopamos a segunda persoa con bastante frecuencia, ou é a sensación que tiven. O certo é que non o comprobei moito. Nas primeiras paxinas estamos nesa carta ao fillo da que fala Zambra. É como una especie de diario epistolar dirixido a el.

A primeira persoa tamén está dende o principio. E fan un tándem interesante. Nótase moito a sensación de namoramento polo fillo. Zambra chega a dicir que pensa en escribir só literatura infantil.

No primeiro capítulo da segunda parte domina uso da terceira persoa. Estamos na zona do conto. É o conto do seu fillo. Para min temos aquí un afastamento, é un conto no cal o seu fillo crece, aprende a ser independente e tamén sofre. Por iso o autor sitúase fora, lonxe.

Despois de este primer capítulo da segunda parte volvemos a primeira persoa. A segunda xa non aparecerá ata o epílogo. Esta parte na que a primeira domina, xa sen ese contrapunto da segunda persoa, é, para min, o menos orixinal, se toda a obra fora así, sería como calquera outra obra de autoficción, e non entendo ben porqué Zambra renuncia a esa segunda persoa. No capítulo que fala do seu pai di que a segunda persoa non le semella natural. Este capítulo tamén ten una voz interesante porque conta a historia do roubo con interrupcións e comentarios do pai.

O que non me gusta da literatura de autoficción é cando cae nunha anécdota egocéntrica. Zambra non cae nesto porque ten unha excusa perfecta para contar a súa historia, que é contarlla ao seu fillo, ou nalgun momento falar co seu pai, na segunda metade, o que máis me interesou foi eses cambios coa voz, esa proximidade e ese afastamento por momentos.

Sacrificios humanos

É unha obra de contos de María Fernanda Ampuero. A lin a principios do verán e non me lembro moito. Pero está ben escrito e ten algunhas historias verdadeiramente convincentes. Agora non teño ganas de facer unha análise historia por historia pero en xeral as situacións están moi ben descritas. Hai unha profundidade na psicoloxía interna dos personaxes que me parece moi real, sempre dende o punto de vista das persoas en situación de vulnerabilidade. O sentimento de medo que vemos nos protagonistas preséntase dun xeito que podes empatizar moi ben. Por iso me gusta.

O lume

De David Rubin. Este cómic non é o que máis me gustou deste autor, gustoume moito máis “O heroe”.

O traballo é bastante duro e a verdade é que é moi decadente. Non hai esperanza, queima todo, semella que nos di. Creo que se fai un pouco egocéntrico. Un protagonista que só pensa en si mesmo. O único que pode salvar o mundo, o centro dos problemas. Obviamente o autor é consciente diso. Pero non me gusta esta arte desencantada.

Creo que os debuxos son espectaculares e está moi ben ambientado, é un gran debuxante, pero a historia non me gustou moito, a verdade.

Felicity

Dende “Escritura Indómita” tiña ganas de ler a Mary Oliver en poesía e a verdade é que me gusta o seu estilo. Gústame o ritmo dos poemas, que son bastante musicais, eu prefiro iso na poesía, pero tamén coincido nos temas; a busca da autenticidade na natureza, das cousas reais.

Sempre temos o problema da tradución, que entendo que non sempre axuda moito, pero bueno, a verdade é que é un poemario que me interesou e me gustaron moito algúns dos poemas. Un exemplo:

¿Hablan los árboles?

¿Le responden los árboles al viento
cuando el viento les hace alguna invitación?
Como algunos de nosotros, chablan también con el sol?
Pienso que sí, y si tal creencia requiere de una prueba,

  • déjame añadir que a veces
  • se quejan mucho.

Pero hay más.

Si puedes escuchar a los árboles en sus horas tranquilas
seguro que también podrás hacerlo después,

  • gritando en el aserradero.